martes, 24 de febreiro de 2015

Rosalía

A xustiza pola man

Aqués que ten fama de honrados na vila
roubáronme tanta brancura que eu tiña,
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa decote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas,
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería,
¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, murcháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangue maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Entonces cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

Quintana dos Mortos, Compostela 8 de febreiro de 2015

martes, 30 de xullo de 2013

mércores, 4 de xullo de 2012

mércores, 14 de decembro de 2011

Mans arriba isto é un atraco!


Fehrnseturm (Berlín)

Din as malas línguas que cando a DDR quixo demostrar o poder do bloque comunista construíndo esta torre, saíulles o tiro pola culata posto que o sol reflexaba unha cruz na esfera da torre que pronto algúns se apresuraron a asociala a algún tipo de castigo divino, seica por infieis e comunistas.


luns, 5 de decembro de 2011

Secos Fillos do Deserto

Tempos de andar agochados!

mércores, 10 de agosto de 2011

xoves, 21 de xullo de 2011

luns, 20 de xuño de 2011

domingo, 24 de abril de 2011

domingo, 13 de marzo de 2011

venres, 28 de xaneiro de 2011

En 20 anos non haberá nada que rascar... ou podemos facer algo

Mentres o goberno españolista se vanagloria das súas desfeitas antisociais e os seus máis altos representantes sorrín diante das cámaras do seu aparato mediático, para mentir unha vez máis dicindo que esto é o mellor para a cidadanía, os sindicatos que se atribuen a responsabilidade de defender os dereitos dos traballadores, baixan unha vez máis a cabeza diante do amo e aceptan as súas condicións que levan ao sacrificio a toda unha xeneración de traballadoras e traballadores que dentro de 20 ou 30 anos terán condicións de vida piores que as que os seus pais teñen agora.
Esta involución deseñada por persoas que non foron elixidas polo pobo, ven a demostrar unha vez máis que temos a responsabilidade, xa que o recurso da Folga está esgotado, de artellar novas estratexias para defendernos de ataques a nosa calidade de vida e ao noso futuro que veñen encabezadas por unha clase política instrumentalizada por outros poderes ou intereses que como se está vendo, atentan frontalmente contra a clase traballadora.
Son sinceiro e digo que a min agora mesmo non se me ocorren eses mecanismos que temos que adoptar para defendernos e atacar a este sistema que nos afoga, pero somos moitos máis a pensar e entre tod@s algo se nos ten que ocurrir, non podemos estar tod@s tan adormecidos, anestesiados, domesticados para non poder conseguilo.

mércores, 26 de xaneiro de 2011

domingo, 23 de xaneiro de 2011

ELECCIÓNS EN PORTUGAL 2011

Saudade de Abril.


A DEREITA NON É A SOLUCIÓN DE NADA